Recíbenos Paz Fernández, psicóloga e responsable do centro, para ensinarnos un pouco das instalacións e presentarnos a Herminia e Celia, as protagonistas desta reportaxe. “O 90% dos residentes son desta vila e hai un contacto constante e estreito coa xente, de maneira que seguen vinculados á vida da veciñanza”, afirma Paz. Nada máis entrar atopámonos cunha ampla estancia de planta baixa na que se atopa a recepción, o despacho da directora con cristaleira, unha primeira habitación á dereita para ver a televisión ou recibir aos familiares. “Temos liberdade total no que respecta ás visitas, poden vir en calquera horario, salvo que coincida coa limpeza ou algo moi puntual. De feito, os residentes contan cun mes de vacacións que non se lles cobra e hai moitos que marchan ese mes ou quince días para estar coas súas familias. Algo que tamén poden facer no día a día simplemente con avisar”, expón a responsable.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.A vida nunha residencia de maiores, a experiencia de Herminia e Celia
En pleno corazón da vila de Castroverde, en Lugo, atópase a residencia de maiores de O Castro. Forma parte da rede de centros de atención a persoas maiores da Deputación de Lugo e abriunos as súas portas para coñecer como é a vida neste lugar.
Publicado o
POR
Redacción
- Advertisement -