HomeMedio ambiente e PatrimonioVilachá, o mosteiro perdido e as posibles orixes da Ribeira Sacra

Vilachá, o mosteiro perdido e as posibles orixes da Ribeira Sacra

No lugar dos Conventos, na parroquia de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón, poderían estar as orixes históricas da Ribeira Sacra e dos seus coñecidos viños.

Publicado o

- Advertisement -

Os veciños de Vilachá sempre falaron dun antigo convento no Val de Frade e dos grandes muros que se aprezan alí. A estrutura de pedra é xa indicio dunha construción rara, que nada tería que ver cos bancais de cepas típicos da Ribeira Sacra.

Segundo o director arqueolóxico Xurxo Ayán, “en superficie aprécianse distintos muros de épocas diversas; a simple vista parece que existiu un edificio bastante monumental que posteriormente foi reaproveitado para a construción de pataos e traballos vitivinícolas en xeral”.

Máis información sobre este tema na web Historia de Galicia e no 1º Capítulo da segunda tempada da serie documental Adegas da memoria, “O Mosteiro Perdido”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...