HomeMedio ambiente e PatrimonioO GDR Ribeira Sacra Courel recibe un premio Agader

O GDR Ribeira Sacra Courel recibe un premio Agader

Trátase dun premio que concede a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, na modalidade de Turismo, pola boa xestión realizada por esta entidade para acadar a declaración de Xeoparque Mundial da Unesco.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel era candidata para un dos premios Agader deste ano pola súa iniciativa “Xeoparque Courel“. Acadou 90 puntos, a máxima puntuación alcanzada entre as oito solicitudes presentadas en diferentes categorías, e levará un dos galardóns da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

O vindeiro 21 de xuño ás 12:00 h. celebrarase a cerimonia de entrega destes premios no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude en Boqueixón (A Coruña). Os galardóns chegan á súa décima edición e os gañadores recibirán un diploma e unha dotación económica de 10.000 euros.

O xurado encargado de seleccionar aos premiados nas diferentes categorías que se contemplaban estaba formado polos directores xerais de Igualdade, Políticas Culturais, turismo, Patrimonio Cultural, Xuventude, Gandería e Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e tamén polo secretario xeral de Agader e o presidente da Fegamp.

Para emitir o veredicto, os membros deste xurado tiveron en conta como valor diferencial que a iniciativa impulsada dende a Asociación GDR Ribeira Sacra-Courel foi “un proxecto global de desenvolvemento turístico”.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...