HomeMedio ambiente e PatrimonioA limpeza da Ponte Vella de Monforte obriga a limitar o seu...

A limpeza da Ponte Vella de Monforte obriga a limitar o seu tráfico

O tráfico de peóns e vehículos viuse limitado debido a estas tarefas de acondicionamento.

Publicado o

- Advertisement -

Durante a mañá do luns día 10 mantívose o tráfico de peóns e vehículos cortado na Ponte Vella de Monforte. Esta medida tomouse ante os traballos de limpeza da vexetación superficial desta estrutura, que se desenvolveron dende as sete e media da mañá ata a mediodía, aproximadamente.

As tarefas consistiron no corte da maleza e das herbas que agromaron na ponte durante varios meses. Os encargados de levar a cabo este acondicionamento foron as brigadas de parques e xardíns, que precisaron dun guindastre. Foi precisamente esta maquinaria a que obrigou a clausurar o tráfico.

A limpeza da Ponte Vella vai na liña dos traballos de acondicionamento da lagoa do Parque dos Condes , levados a cabo o 3 de xuño. O alcalde de Monforte, José Tomé, resaltou que a ponte “forma parte da imaxe da nosa cidade e por iso debemos mantela nas mellores condicións”. Tamén manifestou a súa vontade de eliminar o tráfico de vehículos da mesma e convertela nunha vía peonil.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...