HomeMedio ambiente e PatrimonioComezan as obras de reforma do mosteiro de Santa María de Ferreira...

Comezan as obras de reforma do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón

Os traballos teñen un prazo de execución de seis meses e teñen como obxectivo a rehabilitación da antiga hospedaría.

Publicado o

- Advertisement -

As obras de reforma do Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón acaban de comezar, despois do visto bo da Consellería de Cultura e Turismo. Adxudicados por 512.000 euros, estes traballos consistirán na habilitación dunha hospedaría con seis habitacións nun prazo de seis meses, de acordo co proxecto redactado por Iago Seara.

Esta actuación centrarase, especialmente, na posta en valor e mantemento da antiga hospedaría, a casa do capellán, a torre barroca e a pranta baixa da parte leste, que na actualidade están en desuso. Tamén se tentará reducir a humidade do edificio e mellorar a súa accesibilidade. Rematadas as obras, estes espazos terán un fin divulgativo no ámbito da Ribeira Sacra.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou as obras xunto co alcalde do municipio, José Luís Álvarez, e subliñou que este proxecto “vai permitir recuperar a tradición da hospedaría monástica neste entorno único”.

José Manuel Balseiro e José Luis Álvarez visitando as obras. Fonte: Prensa Xunta

O Mosteiro cisterciense de Santa María de Ferreira de Pantón conta dende o ano 1975 coa declaración de ben de interese cultural coa categoría de Monumento. A Xunta de Galicia ven acometendo distintas fases de restauración nos últimos anos, como a que actuou nos morteiros do claustro no ano 2014, ou na cuberta no 2011.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....