HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xornada de Turismo Científico reúne a 30 profesionais do sector en...

A Xornada de Turismo Científico reúne a 30 profesionais do sector en Seoane do Courel

A Estación Científica foi o lugar escollido para esta iniciativa, que tratou a posta en valor da contorna dos Ancares e o Courel para este tipo de actividade.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado sábado día 6 tivo lugar a I Xornada de Turismo Científico nas Montañas dos Ancares e do Courel na Estación Científica de Seoane do Courel. Neste encontro promovido pola Deputación Provincial, uns 30 profesionais de diferentes áreas da ciencia expuxeron a súa visión para impulsar estas montañas como un destino científico.

Como poñentes participaron Maite Vence Fernández, de ObserverScienceTourism.com, que afondou en como a conciencia cidada pode construir un xeito diferente de practicar turismo; o enxeñeiro de montes Gaspar Bernárdez Villegas, que expuxo os recursos botánicos deste espazo; o veterinario e investigardor Julián Alonso, que explicou a importancia da micoloxía como recurso turístico; Óscar Rivas López, que abordou a recuperación do oso pardo; e por último Antonio Regueiro, que destacou o papel que xoga a Estación Científica de Seoane no modelo de turismo científico Ancares-Courel.

Doutra banda, tamén tivo lugar un obradoiro sobre creatividade e modelos de negocio. O obxectivo desta actividade é dinamizar esta contorna con proxectos empresariais vinculados a este tipo de turismo, e estivo dirixido a empresas turísticas interesadas en desenvolver a súa actividade nas montañas dos Ancares e o Courel.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...