HomeMedio ambiente e PatrimonioActivada a alerta amarela para este luns nas comarcas de Lemos, Quiroga...

Activada a alerta amarela para este luns nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada

Publicado o

- Advertisement -

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou para este luns a alerta amarela na provincia de Ourense e no sur de Lugo debido ás altas temperaturas. Os avisos permanecerán activados entre as 13,00 e as 20,00 horas deste luns e os termómetros alcanzarán os 36 graos na zona sur da provincia de Lugo, nas comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada.

Por outra banda, as zonas ourensás do Barco de Valdeorras, Miño e o sur da provincia tamén estarán este luns en alerta amarela con máximas temperaturas de 36 graos entre as 13,00 e 20,00 horas.

A nivel nacional, os avisos meteorolóxicos por risco de altas temperaturas a principios da semana continuarán e activarase a alerta laranxa en zonas de Zaragoza, Huesca, Navarra, A Rioxa, Lleida, Xaén, Cáceres, Badaxoz e Toledo.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...