HomeMedio ambiente e PatrimonioO incendio de Quiroga permanece controlado tras queimar 149 hectáreas

O incendio de Quiroga permanece controlado tras queimar 149 hectáreas

A Consellería do Medio Rural confirmou que o lume declarado en Montefurado quedou controlado ás 16:18 h.

Publicado o

- Advertisement -

O lume forestal que se produciu na parroquia de Montefurado, no concello de Quiroga, quedou controlado este xoves 25 ás 16:18 h. O incendio, que se declarou o día 24 ás 17:32 h., afectoulle a un total de 149 hectáreas.

Zona afectada polo incendio

Segundo a Consellería do Medio Rural, queimáronse 40 hectáreas de monte arborado e 109 de monte raso. Nos labores de extinción participaron un técnico, 16 axentes, 42 brigadas, 20 motobombas, unha pa, 10 helicópteros e 3 avións.

Helicóptero e brigadistas traballando a pleno rendemento. Foto: Brif Laza
Helicópteros recollendo auga do Sil, a carón da N-120 e moi preto do lume. Foto: XdL

Dende a Consellería recordan á cidadanía que está á súa disposición o teléfono gratuíto 085, no que poden denunciar posibles casos de incendios forestais.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...