HomeMedio ambiente e PatrimonioO territorio Ribeira Sacra quere o triplete

O territorio Ribeira Sacra quere o triplete

O concello de Pantón acolleu este xoves, día 8 de agosto, a presentación oficial da candidatura da Ribeira Sacra para ser a sétima Reserva da Biosfera de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O acto de presentación da candidatura contou coa Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, quen subliñou “a importancia desta candidatura para reforzar e completar a protección dos elementos máis singulares que conforman o patrimonio natural galego e axudar a fomentar o respecto pola natureza”.

Neste sentido, Vázquez lembrou que Galicia “conta xa con seis reservas da biosfera” que representan un 25% do territorio, unha porcentaxe que coa inclusión desta sétima, se incrementaría ata o 34%. O documento oficial que avala a candidatura da Ribeira Sacra farase público este venres coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), polo que se abrirá un período dun mes para que calquera persoa ou entidade poida facer suxestións ou alegacións.

O seguinte paso, tras avaliar as posibles achegas dos usuarios, será remitir o documento á Secretaría do Comité Español do Programa MAB (Home e Biosfera) da Unesco, co obxectivo de lograr a súa declaración definitiva no 2021.

Se a candidatura prospera, a Ribeira Sacra estaría en disposición de obter un triplo recoñecemento por parte da Unesco, xa que se sumaría á declaración de Xeoparque das Montañas do Courel e ao posible distintivo de Patrimonio Mundial da Humanidade. O territorio que aspira a obter este recoñecemento de Reserva da Biosfera, comprendería a 23 concellos de Lugo e Ourense, incluíndo tamén as montañas de O Oribio e O Courel.

ÚLTIMAS

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...