HomeCulturaA Ponte de Cruzul, en Becerreá, dá os pasos para ser declarada...

A Ponte de Cruzul, en Becerreá, dá os pasos para ser declarada BIC

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) asegura que os colectivos patrimoniais levan desde o ano 2019 reclamando a declaración de BIC da Ponte de Cruzul

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ministerio de Cultura iniciou os trámites este xoves para incluír como Ben de Interese Cultural (BIC) a Ponte de Cruzul, no municipio de Becerreá. Situado no quilómetro 465 da antiga estrada N-VI, salva o leito do río Cruzul, afluente do Navia. Utilizouse até finais dos anos 60 do século XX, cando se desviou a estrada nacional e se construiu unha nova ponte, polo que actualmente só é frecuentada polo tráfico local.

Esta infraestrutura conta cunha gran importancia histórica e patrimonial. De corte neoclásica, foi construída no século XVIII e tiña como obxectivo conectar Lugo coa meseta. Así pois, o enclave foi testemuña de varios episodios durante a Guerra da Independencia.

ANOS RECLAMANDO A PROTECCIÓN DA PONTE

Respecto diso, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) asegura que os colectivos patrimoniais levan desde o ano 2019 reclamando a declaración de BIC da Ponte de Cruzul. Néstor Rego, portavoz no Congreso deste partido, mantén que este avance non se logrou sen o traballo “constante”, “serio” e “rigoroso” do BNG. Ademais, afea a “falta” de interese e sensibilidade das forzas estatais co patrimonio galego.

Doutra banda, o portavoz municipal do BNG en Becerreá, Martín Gómez, subliñou que levan “anos” alertando da deterioración da ponte e reclamando actuacións inmediatas. De igual forma, agradeceu o papel das asociacións e da veciñanza que defenderon este ben patrimonial.

ÚLTIMAS

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional, e reafirma...

O PP de Monforte levará a pleno o presunto incumprimento da Lei de Benestar Animal por parte do concello

Os populares aseguran que os propios demandantes lles trasladaron que tras presentar diversos requirimentos...

O deporte de Chantada no Corazón de Galicia viste o Pavillón Municipal

O Concello de Chantada segue a desenvolver un importante traballo de modernización e mellora...