HomeMedio ambiente e PatrimonioStop Eólicos advirte do impacto da instalación de aeroxeradores en Paradela

Stop Eólicos advirte do impacto da instalación de aeroxeradores en Paradela

A oposición veciñal aos proxectos eólicos de Enel Green Power - Endesa en Paradela fructifica na creación da Plataforma Stop Eólicos.

Publicado o

- Advertisement -

A Plataforma Stop Eólicos lamenta que se plantexe o proxecto de instalación de 27 aeroxeradores en Paradela como un proxecto de “enerxía verde” para a bisbarra, obviando os “inasumibles impactos” que terá na contorna, causando un “gran prexuízo para a maioría social”, nunha zona de Patrimonio como “a Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago“.

A plataforma denuncia que Endesa fale das miles de familias que poden abastecer estes parques eólicos cando esas mesmas familias están a pagar a “factura eléctrica máis cara a nivel estatal”; e cando se refiere á xeración de emprego aseguran que obvian que dito emprego ten un carácter precario e subcontratado, que só terá vixencia durante a fase de instalación dos parques eólicos. De feito, a plataforma considera que este proxecto “destruirá emprego” no sector turístico e agrogandeiro porque converterá ao territorio de Paradela nun “terreo industrial”; sendo territorio da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade e do Camiño de Santiago.

A organización reclama á Xunta un novo plan sectorial eólico que “respecte as paisaxes singulares de Galicia e un Goberno da Xunta que vele polo interés xeral da poboación, non só no beneficio das grandes empresas. Porque as medidas correctoras e compensatorias a miúdo autorizadas pola Consellería de Medio Ambiente convírtense en papel mollado mentres pouco a pouco o territorio esmorece, ao igual que o futuro do rural galego.”

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...