HomeMedio ambiente e PatrimonioO Mindful Travel chega á Ribeira Sacra

O Mindful Travel chega á Ribeira Sacra

O Mindfull Travel baséase en desenvolver experiencias sobre a base da identidade cultural do territorio. Esta filosofía de turismo quérese aplicar na Ribeira Sacra, por iso desenvólvese un curso de baños de bosque que se leva a cabo entre os días 2 e o 4 de outubro na Casa das Árbores, en Garabelos, Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

O turismo masivo é incompatible co desenvolvemento do Mindful Travel, onde a persoa, a identidade cultural e a natureza son os protagonistas, facendo unha planificación eficaz ao redor destes pilares.

O curso de baños de bosque, que promoven a Asociación Ribeira Sacra Rural e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, comeza este día 2 cunha xornada sobre o benestar como recurso turístico. Falamos coa xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Alexandra Seara.

Alexandra Seara / Alexandra Seara

En que consiste a actividade de mañá?

Aproveitando a celebración do curso de baños de bosque e vendo o interese que espertou tanto na Ribeira Sacra como fóra, dedidimos aproveitar a primeira sesión para abrila a interesados da zona, como empresas turísticas, e facer unha parte de contextualización para que sexa a base de futuras convocatorias de cursos cara o 2020.

Como nace a idea de traer á Ribeira Sacra este tipo de propostas?

O turismo de benestar leva anos tendo unha grande demanda en Europa e está comezando a entrar en España por Cataluña. Todo o relacionado coa natureza, a desconexión e a autenticidade comezan a ter máis valor para as persoas nos tempos que corren. Neste contexto Ribeira Sacra ten condicións máis que suficientes para acoller iniciativas deste tipo e ofrecer este tipo de produto.

Nesta quenda as 20 prazas do curso de baños de bosque esgotáronse en nada, hai interese no tema.

A actividade terá lugar na Casa das árbores. Como se desenvolverán os próximos días?

A Casa das árbores é un espazo perfecto para acoller a parte máis teórica no Cinema Palleiriso e ao carón están as ábores para poder facer un baño de bosque. O monitor, Edgar Tarrés, irase adaptando ás demandas do público, non hai un programa marcado. Vanse ir creando sinerxias e priorizarase o que os asistententes requiran segundo o seu perfil e necesidades.

Falanos das cualidades de Edgar Tarrés para dirixir esta actividade?

El ven desde Cataluña e está especializado neste tipo de produtos. Imparte na Universidade, clases nas titulacións vencelladas a temas de turismo de saúde e de benestar. Tamén é profesor da UNED de cursos vencellados con esta área. De feito, Francisco da Asociación Ribeira Sacra, e máis eu coñecémolo nun curso que Tarrés impartía en Pontevedra, e a partir de aí todo foi collendo forma.

O éxito da convocatoria fai pensar en próximas edicións?

Xa o pensabamos, se facer dous cursos orientados a distintos perfís, como guías ou persoas que queren ofrecer eles directamente esta experiencia e dinamizadores turísticos que poidan dinamizar a outros axentes para que ofrezan este servizo.

Ao final probamos cun curso para ver se as características son suficientes para todo o que se quere facer e se a xente sae satisfeita, e en función diso seguir.

O interese que espertou esta primeira convocatoria superou as nosas expectativas. Á xente que está na lista da agarda díselle que de cara á primavera pode haber unha nova convocatoria.

As actividades ao redor da Ribeira Sacra son constantes, a comezos de setembro remataban as viaxes en globo, como resultou a proposta este ano?

O 8 de setembro remataron as viaxes en globo. Ao redor de 900 persoas sobrevoaron este verán a Ribeira Sacra. As viaxes en globo sempre funcionan, as prazas cúbrense decontado. Agora hai que agardar a marzo-abril do vindeiro ano e as condicións climatolóxicas e atmosféricas definirán o inicio dunha nova tempada.

Viaxe en globo Ribeira Sacra / Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...

Veciños de Bazal, en Pantón, viaxaron a Lalín para coñecer a Casa do Patrón e comer o cocido

A Asociación de Veciños de Bazal, con máis de dúas décadas de existencia nesta...