HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta segura de que Ribeira Sacra será declarada Patrimonio da Humanidade...

A Xunta segura de que Ribeira Sacra será declarada Patrimonio da Humanidade en 2021

Publicado o

- Advertisement -

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, está convencido de que a Ribeira Sacra será declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2021. Así8, en declaracións aos medios Balseiro destacou que “hai un traballo feito, coa colaboración institucional entre distintas administracións”.

Ademais, destacou que o Goberno galego ten “a esperanza de que en 2021 poida ser declarada Patrimonio da Humanidade”. “Agora mesmo, a Ribeira Sacra é Ben de Interese Cultural (BIC) e tamén é candidata a ser declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO”, pormenorizou.

Balseiro destacou, así mesmo, que esta zona “é unha das comarcas de Galicia que máis está a crecer” en termos turísticos. Ademais, atópase noutra área recoñecida pola UNESCO, “o eoparque das localidades que integran Ribas do Sil, O Courel e Quiroga”, que é o primeiro da Comunidade e é o único en todo o noroeste español. “Nos próximos anos a zona vai ter moito movemento, vai ter moita riqueza”, apuntou o delegado da Xunta.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...