HomeMedio ambiente e PatrimonioVeciños do monte Oribio saen en defensa do parque eólico co alcalde...

Veciños do monte Oribio saen en defensa do parque eólico co alcalde de Samos á cabeza

Publicado o

- Advertisement -

Máis dun cento de veciños de Samos e Triacastela manifestáronse este mediodía en Samos para solicitar que se desbloquee a construción do parque eólico do Monte Oribio. Segundo os manifestantes, o parón non só impediu o remate da instalación, senon que tamén causa unha crecente inquedanza entre os veciños da zona.

Os participantes nesta xuntanza popular reclaman “que non se poñan máis trabas á finalización dunhas obras que permitirán, entre outros aspectos, a dinamización económica de zona.”

As obras para a construción do parque eólico no Monte Oribio comezaron hai meses, pero foron detidas o pasado verán. Os veciños aseguran que non comparten as opinións contrarias ao parque e aseguran que a instalación é respectuosa co entorno, cos patrimonios medioambientais e culturais, e que, ademais, Samos e Triacastela poderán beneficiarse da creación de postos de emprego e riqueza. Estes factores permitirán asemade a mellora das infraestruturas dos dous concellos.

Julio Gallego, alcalde de Samos, amosou o seu compromiso cos seus veciños e, trala manifestación fixo unhas declaracións expresando o seu malestar pola situación actual e pedindo que se atenda as demandas dos veciños e que se rematen as obras do Parque que ademais de xerar riqueza permitirá a obtención de enerxía limpa e renovable. O alcalde, ademais, cuestionou os criterios da declaración de rede natura nese entorno.

Pola súa banda, Agapito Rey, representante do grupo de veciños do Monte Oribio, mostrouse contrariado polo parón xa que para eles é o único proveito que ten o monte.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...