HomeMedio ambiente e PatrimonioCompostaxe e reciclaxe na Pobra do Brollón

Compostaxe e reciclaxe na Pobra do Brollón

Este sábado ás 12:00 terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ unha charla na que se fará balance do plan de compostaxe do Concello da Pobra do Brollón e recordarase o funcionamento dos composteiros comunitarios.

Publicado o

- Advertisement -

Na cita da Pobra do Brollón tamén presentarán o novo punto limpo móbil co que se facilitará aos veciños das diferentes parroquias a reciclaxe e o depósito correcto de residuos. No evento participarán o concelleiro de medio ambiente, Ricardo Rodicio, e dous expertos do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.

A compostaxe é a maneira de converter os restos vexetais e de comida en fertilizante natural ou compost. Na Pobra do Brollón existen dende marzo 2018 seis composteiros comunitarios para facilitar a compostaxe dos residuos que xeran os fogares e negocios do concello. Na charla recordarase o seu funcionamento e repartirase entre os veciños asistentes uns sacos de compost resultante.

‘A compostaxe non só implica aforro na recollida do lixo e en fertilizantes; tamén reduce a contaminación e mellora a saúde da terra e das plantas, entre outras vantaxes,’ comenta o concelleiro Ricardo Rodicio. ‘Co noso programa de compostaxe, A Pobra do Brollón é un concello pioneiro na provincia de Lugo, seguindo o exemplo de concellos como Allariz e Pontevedra.’

No evento participan dúas persoas expertas do Plan Revitaliza, un modelo exemplar de compostaxe impulsado dende a Deputación de Pontevedra e que xa está estendido por máis de corenta concellos da provincia. Os asistentes poderán escoitar a Carlos Pérez Losada, asesor do plan, e a Manuel Enrique, un ‘mestre composteiro’, encargado de vixiar que a compostaxe se faga correctamente.

Un Concello que aposta pola reciclaxe

A Pobra do Brollón facilita aos veciños a reciclaxe e o depósito correcto de refugallos con propostas como puntos de recollida de aceite usado, o punto limpo e o servizo de recollida domiciliaria de residuos voluminosos.

Ademais, na charla do sábado vaise presentar unha nova iniciativa: un punto limpo móbil que circulará polas  parroquias do concello para facilitar o depósito de residuos como lámpadas, pilas, pinturas, medicamentos caducados ou aceite usado.

Dende o Concello anímase aos veciños e a calquera persoa interesada a participar, para entre todos colaborar por un concello limpo e respectuoso co medio ambiente.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...