InicioMedio ambiente e PatrimonioAs montañas do Courel e dos Ancares, presentáronse en FITUR

As montañas do Courel e dos Ancares, presentáronse en FITUR

Exitosa presentación do Xeoparque Montañas do Courel coa presenza da alcaldesa de Folgoso do Courel, e dos alcaldes de Ribas de Sil e de Quiroga. O representante da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro destacou o potencial deste territorio e o do novo xeodestino ’Montañas Lucenses dos Ancares e O Courel’.

Publicado o

- Advertisement -

A declaración do Xeoparque Mundial por parte da Unesco e a creación do xeodestino “As montañas dos Ancares e o Courel” contribuíron ao seu despegue turístico” no ano 2019. Así o indicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, salientando que son “fitos que deben marcar un antes e un despois na proxección desta extensa zona da provincia”.

Balseiro realizou estas declaracións no stand da Xunta en Fitur, no marco das presentacións do xeoparque, que integran as montañas de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, e do xeodestino “Montañas Lucenses dos Ancares e O Courel”, do que tamén forma parte Folgoso do Courel xunto co concellos da Fonsagrada, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Triacastela e Samos.

Polo que respecta á declaración do xeoparque, o delegado destacou que foi “froito do esforzo dos concellos integrantes e a ilusión dos veciños e veciñas, apoiados pola Xunta a través do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel”, e lembrou que a Xunta “redobra, se cabe, a aposta por este territorio”, impulsando accións de sinalización, a ampliación do Museo da Xeoloxía de Quiroga ou elaborando un Plan de Dinamización Turística que xa está  en marcha.

No tocante á creación do xeodestino Ancares-Courel, Balseiro afirmou que “un dos retos que nos propuxemos nesta lexislatura foi precisamente estender o mapa de xeodestinos activos na provincia de Lugo”.  Nesta liña, garantiu o apoio da Xunta para promover turisticamente “o maior espazo natural de Galicia”.

XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

A súa presenza en FITUR esparexeuse en tres pavillóns diferentes. Estivo presente no stand de Castela e León, ao estar incluído na revista de Xeoparques Españois que este ano se editou nesta comunidade autónoma e na que se recollen os 13 xeoparques nacionais. Formou parte do pavillón de Portugal, xa que alí é onde estivo instalado o stand de xeoparques da Península Ibérica, sendo o de Montañas do Courel o máis recente de todos; e finalmente, na tarde do 23 de xaneiro, ás tres e media, foi o foco de atención no stand de Galicia.

Nesta xornada especial do pasado xoves, e ante numeroso público, presentábase baixo o título “Xeoparque Montañas do Courel, unha xeoloxía moi humana”.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...