HomeMedio ambiente e Patrimonio"Os indíxenas non só imos comer turismo", Por Chantada-CUP

“Os indíxenas non só imos comer turismo”, Por Chantada-CUP

Por Chantada-CUP presentou á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, propostas de mellora para o Proxecto de decreto polo que se crea a Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra. As suxestións aséntanse no impulso dunha participación real da sociedade civil dos territorios implicados e en mellorar a eficiencia, a transparencia e o funcionamento democrático da propia Comisión.

Publicado o

- Advertisement -

Ata este xoves, 13 de febreiro, estaba aberto o prazo de suxestións de mellora do Proxecto de decreto polo que se crea a Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra. Este novo ente, impulsado pola Xunta, pretende coordinar as políticas das diferentes administracións que se apliquen na Ribeira Sacra que, para o efecto, se constitúe por concellos que ocupan máis de 10% da superficie da Galiza.

Por Chantada-CUP presentou á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural – órgano dependente da Consellaría de Cultura e Turismo– propostas de mellora que se asentan no impulso dunha participación real da sociedade civil dos territorios implicados fronte ao actual modelo vertical, “que exclúe e desouve sistematicamente aos “indíxenas”, como sinalan desde Por Chantada e en mellorar a eficiencia, a transparencia e o funcionamento democrático da propia Comisión.

Desde Por Chantada insisten en darlle á Ribeira Sacra un modelo e visión autocentrada e pensada desde os propios veciños, “pois temos claro que os “indíxenas” non só “imos comer turismo””.

Aseguran que contan con alternativas que foron desouvidas e que mellorarían temas como o colapso territorial, acaparamento de terras, disparidade de criterios entre AA.PP., lexislacións urbanas para o rural. Estes e outros eixos de traballo vertebran, precisamente, a razón de ser da plataforma Por un interior galego vivo.

Candidaturas Por un interior galgo vivo / Por un interior galego vivo

Para Por Chantada pode resultar alentador criar unha comisión que vise a coordinación das diferentes consellarías e concellos da Ribeira Sacra, pero entenden que é insuficiente se non se atende ao fundamental: “a valorización social dos produtores repercutida nun pago social polo labor que fan para toda a comunidade os que manteñen a vitalidade do territorio e a configuración única da nosa paisaxe.”

Por Chantada inisite na necesidade de “participación real dos indíxenas, que novamente fican fóra do proxecto de decreto representados apenas por certos organismos que reproducen por súa vez dinámicas da partitocracia e non son efectivas canles e voces da sociedade civil organizada no territorio.”

A formación política pide que, na exposición de motivos, onde se fala das terras de Caldelas, Trives e Lemos;  se engadan as terras de Chantada ou Terras de Asma. A Comisión estará formada polos concellos, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, Asociación Ribeira Sacra Rural, as deputacións de Lugo e Ourense, o Goberno do Estado e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Por Chantada pide que  se inclúa os GDR,s da área atinxida, asociacións culturais e veciñais e sindicatos, as forzas políticas con representación no territorio. Outras alegacións referidas a cuestións formais da comisión permanente, plenos, secretaría, ou representacións institucionais

ÚLTIMAS

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...