HomeMedio ambiente e Patrimonio70.000 euros para a restauración das pinturas de San Xiao de Lobios...

70.000 euros para a restauración das pinturas de San Xiao de Lobios en Sober

A Xunta investirá preto de 70.000 euros na restauración das pinturas murais da nave principal da igrexa de San Xiao de Lobios, exemplar do románico rural do século XIII; se ben as pinturas pertencen ao XVI.

Publicado o

- Advertisement -

Con esta restauración, que ten un prazo de execución de 6 meses, búscase a reparación das afeccións na policromía mural causadas por causas antropoxénicas e deficiencias arquitectónicas mantidas no tempo. Entre os danos máis significativos destacan as colonizacións biolóxicas; a presenza de ocos entre o morteiro e o muro; desencalados parciais e perdas de policromía, así como as minguas na adhesión da capa de cor.

Para solucionar estes problemas está previsto acometer a desmontaxe do retablo do muro norte, dedicado a San Antonio de Padua, co obxecto de facilitar o acceso ao conxunto mural; eliminar os morteiros alleos á obra; protexer as zonas con perigo de desprendemento; realizar unha limpeza da superficie de paramento; aplicar tratamentos contra o biodeterioro; consolidar o soporte; fixar os estratos polícromos; realizar unha reposición de morteiros, polícromos e non polícromos e, finalmente, acometer a reintegración cromática.

Esta igrexa parroquial é un exemplar do románico rural do século XIII na súa transición ao estilo oxival. As pinturas existentes pertencen ao século XVI e distribúense en viñetas delimitadas pola decoración arquitectónica. Nestas destacan os temas escatolóxicos coas subseguintes referencias ao Xuízo final.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...