HomeMedio ambiente e PatrimonioInstrumentos musicais con codia de castiñeiro en Sober

Instrumentos musicais con codia de castiñeiro en Sober

Sober acolle un obradoiro de instrumentos de codia de castiñeiro no souto de Lobios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo, 5 de xullo, o souto de Lobios acolleu un obradoiro do músico e artesán Pablo Carpintero para ensinar á xente a fabricar instrumentos musicais con codia de castiñeiro, instrumentos que os nenos galegos levan facendo milenios.

O obradoiro foi posible grazas á amabilidade dun dos propietarios, José Pérez Rodríguez, que deu permiso aos máis de trinta participantes nesta actividade para traballar coas poliñas dos castiñeiros milenarios que forman este souto, un dos máis imponentes que hai en Galicia.    

Os instrumentos a elaborar foron varios tipos de pipas, xipros, frautas de tres furados, violíns de castiñeiro, a gaita dobre de Vilariño de Conso, algúns asubíos e, por suposto, as tobas. Trátase de instrumentos milenarios con técnicas de fabricación moi sinxelas que os maiores fabricaban cando eran cativos.

Obradoiro codia de castiñeiro / concello de Sober

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...