HomeMedio ambiente e PatrimonioCampo de voluntariado de arqueoloxía en Ribas de Sil

Campo de voluntariado de arqueoloxía en Ribas de Sil

A Consellería de Política Social oferta prazas nos campos de voluntariado que se celebrarán este mes en Ribas de Sil e Castro de Rei, ambos de temática arqueolóxica e dirixidos a mozos e mozas entre 18 e 30 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O primeiro en comezar será o campo de voluntariado do Castro de Viladonga -no municipio chairego-, que se desenvolverá entre os días 13 e 24 de agosto. Os participantes traballarán en estreita colaboración co equipo arqueolóxico do castro en tarefas de limpeza e consolidación das súas estruturas arqueolóxicas

A finais de mes comezará o campo de voluntariado “Alejandrina Álvarez”, que debe o seu nome á veciña que hai dous anos propiciou co seu testemuño o achado dos restos da capela de San Antonio nunha zona boscosa de Ribas de Sil, cando xa só algunhas persoas de avanzada idade gardaban lembranza da súa existencia e localización.

A actividade desenvolverase entre o 27 de agosto e o 7 de setembro, e os labores principais consistirán na limpeza dos restos da Capela de San Antonio. Tamén se catalogarán os obxectos que se atopen durante os traballos.

As persoas interesadas en participar nestas ou noutras iniciativas similares en distintos puntos de Galicia poden consultar a oferta e medios de inscrición na páxina web de Xuventude da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...