HomeMedio ambiente e PatrimonioEn que circunstancias caeron os vagóns ao Sil?

En que circunstancias caeron os vagóns ao Sil?

O Goberno afirma que "a seguridade e a saúde" dos traballadores podían verse comprometidas polas condicións de "inestabilidade" e pola situación en que se atopaba o material sinistrado, en relación cos vagóns que Adif tirou ao río Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nunha resposta ao BNG no Congreso, o Executivo subliña que “a investigación continúa avanzando e estanse documentando todas as circunstancias que conduciron á caída dos vagóns”.

E engade que se tivo en conta “que nas actuacións de encarrilamiento primou sempre a seguridade e a saúde dos traballadores, que podía verse comprometida polas condicións de inestabilidade e pola situación en que se atopaba o material sinistrado”.

Entre outras cuestións, o deputado do Bloque Néstor Rego interesábase por se “se depurarán responsabilidades unha vez se determine que persoas ou órganos de dirección adoptaron a decisión de tirar os vagóns ao río, adoptando as sancións correspondentes para tales condutas”. Toda a infirmación no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...