HomeMedio ambiente e PatrimonioA asociación veciñal do Saviñao rexeita a plantación de eucaliptos

A asociación veciñal do Saviñao rexeita a plantación de eucaliptos

A Asociación Veciñal do Saviñao, diríxese á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para preguntar pola idoneidade e permiso para unha plantación de eucaliptos realizada na parroquia de Piñeiró no concello do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación veciñal confirma a plantación de eucaliptos nunha parcela  de máis de 5 hectáreas situada entre San Saturniño e Vilamor na parroquia de Piñeiró no concello do Saviñao. Segundo informan, a parcela en cuestión é a número 30 no polígono 117 con referencia catastral 2705A117000300000UI. Trátase dunha plantación duns 3 anos de antiguidade realizada nunha contorna de bosque caducifolio e ubicada na área forestal VIII onde non se recomenda a plantación de eucalipto.

Analizada a plantación, a asociación considera que hai datos suficientes para rexeitar “este tipo de plantacións invasivas e adulteradoras da terra, nunha xeografía cuberta por unha flora autóctona ou espontanea de caducifolias e frondosas.” Sinalan, por exemplo, que a parcela non está integramente plantada de eucalipto, conservando na zona S-O exemplos das caducifolias que demostran que esa era a vexetación imperante no recinto. Aseguran que ó longo de toda a plantación brotan de forma expontánea multitude de quercus ao tratarse dunha ampla zona de frondosas autóctonas, “o que por si só debería ser causa de impedimento para a plantación do eucalipto.” Sinalan tamén que a plantación está ubicada nunha zona denominada “ Os Castros “ que aínda conserva restos e que a finca está pegada á estrada local que comunica a Portela e Vilamor, “sen manter a distancia de seguridade que recolle a Lei de Montes para evitar a propagación dos lunes.”

Con estes antecedentes a asociación veciñal solicita da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, información acerca do permiso solicitado para dita plantación e sobre a concesión do mesmo e piden orde de retirada da plantación de todos e cada ún dos pés de eucalipto.

Coa intención de garantir a pervivencia e conservación do bosque autóctono de caducifolias e frondosas que predominan por todo territorio da área forestal VIII, a Asociación espera que impere o sentido común e sexan atendidas estas peticións. A Asociación lembra que a defensa da natureza e do medio ambiente no territorio do Saviñao é un dos seus obxetivos prioritarios e o eucalipto é rexeitado por tratarse dunha especie invasora, pirófita e degradadora da terra e dos acuíferos soterrados. Por iso xa hai anos a asociación veciñal integrábase na Plataforma Comarcal contra o eucalipto e no pasado ano solicitaban da Corporación municipal a creación dunha ordenanza que prohibira esta especie no territorio.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...