HomeMedio ambiente e PatrimonioO Castro de San Lourenzo podería ser a orixe da actual Ribeira...

O Castro de San Lourenzo podería ser a orixe da actual Ribeira Sacra

Trátase dun xacemento único no sur lucense que pode aportar información moi valiosa para ir clarificando os séculos escuros altomedievais. Durante o mes de agosto realizaranse moitas actividades culturais ao redor del.

Publicado o

- Advertisement -

A terceira campaña de escavación no Castro de San Lourenzo de Cereixa, A Pobra do Brollón, xa está en marcha. Esta nova etapa de limpeza da zona marcará un punto de inflexión na interpretación sobre o sitio arqueolóxico. E é que na época altomedieval a zona foi ocupada por unha necrópole probablemente vencellada a un emblemático centro relixioso. É máis, os arqueólogos que traballan na zona afirman que “situámonos nas orixes mesmas da Ribeira Sacra como paisaxe simbólica“. Esta afirmación baséase en datos como que en tempos, na zona levárase a cabo un proceso de critianización de antigos sitios paganos, e o Castro de Alende érao. Ata o momento, lévanse documentadas máis de 20 tumbas con tipoloxías que se adscriben cronoloxicamente a un período que transcorre entre o século X e o XIII. A cerámica atopada vai ser fundamental para acadar unha datación relativa deste camposanto.

Vista aérea do Castro de San Lourenzo/X.A.

O que é un misterio polo momento é a fasquía do edificio relixioso orixinal ao que se vencellaban os defuntos pois estase ante un cemiterio vinculado a un santuario no que a normativa impedía soterrar no interior das igrexas dende o século VI, onde o adro, o pórtico e a contraábsida eran espazos funerarios extra ecclesia.

Esta terceira campaña puxo de manifesto como o costume actual superpúxose ás antigas sepulturas, coas que non se tivo moito reparo. Así o demostra o replanteo dos muros, tanto da dependencia anexa como da nave principal ou da ábsida. Por iso, faise necesario excavar todo o espazo acotado polo muro perimetral tendo en conta a excepcionalidade deste sitio na arqueoloxía do conxunto do sur la provincia de Lugo e mesmo de Galicia.

 

Dacordo coas investigación recentes, esta necrópole do castro de San Lourenzo é un camposanto de igrexa rural que semella xurdir intres máis tardíos, a partires do século IX-XI. A homoxeneidade formal das sepulturas, a ausencia de enxoval funerario en case todos os casos, a nula presenza de moedas amortizadas, son detalles materiais que dan a entender que eran unha comunidade campesiña humilde que habitaría os casais das vilas que darían lugar á parroquia de Cereixa na época plenomedieval. Neste senso, non se atopan indicios arqueolóxicos de fortes desigualdades entre os soterramentos, algo común neste tipo de necrópoles. O feito de que nalgunhas tumbas se atopase carbón e seladas con lousa, fai plantexarse a envidencia de rituais de fonda raigame que tiña lugar no mesmo intre da inhumanización.

Por todas estes achados, pódese afirmar que se está diante dun xacemento único no sur lucense que pode aportar información moi valiosa para ir clarificando eses séculos escuros altomedievais. Ademais, é unha boa ocasión para estudar de xeito integral unha comunidade labrega da época, xa que se pode excavar en toda a área, con posibilidade de atopar máis corpos en tumbas. 

Tras a escavación do sector da capela, do 13 ó 17 de agosto, vanse levar a cabo os traballos de reconstrucción en 3D da zona. Todos estos resultados obtidos, e tras xerar toda unha serie de resultados gráficos encamiñados, o seu emprego estará destinado ó proceso de sinalización e posta en valor das ruínas. O obxectivo é obter unha serie de imaxes didácticas e representativas que permitan explicar este ben patrimonial, adecuada para a súa inserción en futuros paneis do xacemento, a edición de material explicativo impreso a través da xeración de material interactivo, a realización de vídeos en base ó renderizado das diferentes fases de reconstrución da ermida e o renderizado de imaxes de calidade para así intregralas na web do proxecto.

actividades vencelladas ó castro de san lourenzo

  • Visitas guiadas ás escavacións no castro, todas as mañás de martes a venres, monitorizadas polo técnico Xosé Gago.
  • Todos os sábados pola tarde, ruta de 3 horas de duracion Polas terras de María Castaña, rematando as visitas ás escavacións do castro.
  • Publicación diaria das novidades na páxina de facebook e web do Casto de San Lourenzo.
  • Celebración dun campo de traballo internacional na primeira quincena de agosto de temática medioambiental.
  • O venres 10 de agosto, celebración por terceiro ano consecutivo, da Festa de San Lourenzo, no propio castro onde haberá arqueocampo para os máis cativos, obradoiros de cerámica castrexa, xogos didácticos, visita guiada ás excavacións e festival de música arqueolóxica.
  • Recreación dun acampamento romano o 11 de agosto.
  • Conferencia por mor da presentación dos resultados da campaña 2018, o 17 de agosto na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón.

 

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel celebra a ‘Festa da Castaña’

A "Festa da Castaña" de Folgoso do Courel está considerada como Festa de Interese...

A Ribeira Sacra ao 83% de ocupación na Ponte de Todos os Santos

Os aloxamentos da Ribeira Sacra agardan unha ocupación dun 83% para a Ponte de...

O Concello de Chantada amplía o Arquivo Municipal acondicionando o edificio da cámara agraria

Deste modo auméntanse espazos para o arquivo do que dispón o Concello nos baixos...

Monforte decreta 3 días de loito oficial en solidariedade coas familias de falecidos e desaparecidos por mor da DANA

Os danos que ocasionou a DANA en diferentes comunidades autónomas, pero como moita máis...