HomeMedio ambiente e PatrimonioO comité español da UNESCO selecciona a candidatura "Ribeira Sacra, Serras do...

O comité español da UNESCO selecciona a candidatura “Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel” a Reserva da Biosfera

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou este mércores no transcurso dunha visita a Chantada, que o comité español da Unesco deu “luz verde” á “candidatura da Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel” a Reserva da Biosfera

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo explicou a conselleira aos medios de comunicación, das cinco candidaturas que foron presentadas “a nivel nacional”, o comité español da Unesco só seleccionou “á galega”, que agora terá que superar un último chanzo “no 2021”.

“É unha moi boa noticia”, dixo Vázquez, quen tamén confía en que 2021 sexa “un bo ano” e esa candidatura consiga a declaración definitiva. Ademais, Vázquez destacou que a decisión do comité español, en base ao informe presentado en decembro de 2019, foi por “unanimidade de todos os seus membros”.

A decisión estivo avalada, ademais, polo “informe exhaustivo e rigoroso do comité científico”

ÚLTIMAS

Sober aproba un orzamento de 3,1M€ no que destacan o “gasto social e o investimento”

Desde o equipo de goberno asegúrase que os presupostos apostan pola igualdade, buscando a...

Xunta de seguridade da XLIII Feira do Viño de Chantada, “un dos grandes eventos vitivinícolas e motor económico da provincia”

A Feira do Viño de Chantada, que se celebra de maneira ininterrompida desde 1983,...

Ciclo Feminista 8M do BNG Lugo Sul

Na presentación pública participaron Candela López e Rosana Prieto, quen fixeron fincapé na necesidade...

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto...