HomeMedio ambiente e PatrimonioO pleno de Monforte apoia o Camiño de Inverno por Vilachá e...

O pleno de Monforte apoia o Camiño de Inverno por Vilachá e Rozavales

A Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur continúa a recolleitar apoios para a oficialización do Camiño de Inverno ao seu paso por Torbeo, Vilachá de Salvadur e Rozavales. Se nos meses previos foron os acordos plenarios dos concellos da Pobra do Brollón e mais de Ribas de Sil; este luns 1 de decembro, chegou o acordo do Concello de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A moción aprobada, idéntica para os tres concellos, supón completar unha fase máis na estratexia deseñada dende a asociación: o apoio oficial dos municipios afectados. Dende a asociación continuarán agora con novas accións na procura de apoios na Deputación de Lugo, que se sumarán a outras iniciativas organizadas para o 2021 e á espera da resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A asociación está convencida de que este recoñecemento chegará, froito do traballo voluntario do autor do informe.

Dende a asociación indican que a reivindicación deste tramo do Camiño de Inverno está baseada na documentación recollida na moción e que aparece máis específica no informe técnico presentado ante a Xunta de Galicia. Unha información que consideran indiscutible pola contundencia das probas históricas e o aval dos informes científicos.

A asociación destaca que este tramo sería o único que pasaría pola zona que, estritamente, conforma a Ribeira Sacra conforme aos informes presentados na candidatura para Patrimonio da Humanidade. Por iso insisten en que o seu recoñecemento faría combinar dous fenómenos de alcance internacional como son o Camiño de Santiago e a Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...