HomeMedio ambiente e PatrimonioConciencia cidadá responsable no turismo da Ribeira Sacra

Conciencia cidadá responsable no turismo da Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Asociación do Patrimonio O Sorriso de Daniel botan a andar nas redes sociais unha campaña de concienciación para compartir no tempo de nadal a mensaxe necesaria de respectar as normas das autoridades sanitarias en relación á pandemia da Covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña usa imaxes do patrimonio da Ribeira Sacra para incidir na necesidade de respectar o uso da máscara, da distancia social, da ventilación, do aforo nos encontros familiares entre outros asuntos que aborda.

Canzorros, capiteis, pórticos e outros elementos do patrimonio románico da zona da Ribeira Sacra cobran un novo significado e lanzan unha mensaxe que busca crear unha conciencia cidadá responsable. Fano botando man dunhas imaxes que ao tempo que amosan o traballo delicado dos canteiros románicos queren provocar o sorriso cómplice dos usuarios das redes sociais.

Nos meses previos a que a UNESCO avalíe a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, esta campaña ten tamén o obxectivo de visibilizar as extraordinarias circunstancias nas que se están a desenvolver os traballos previos para que a candidatura chegue a bo porto.

En palabras de Antonio D. Moure, Presidente de O Sorriso de Daniel: “As imaxes talladas en pedra do románico foron creadas para dar mensaxes aos homes e mulleres que habitaban na contorna e con esta campaña queremos que sigan a ser útiles e lancen a mensaxe que máis se precisa agora: prudencia, porque a Pandemia pode quitarnos o que máis queremos”.

O Presidente do Consorcio, Luis Fernández Guitián, manifesta que o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra segue a traballar para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra e que agarda que unha vez conseguida poida axudar a activar a economía destes concellos das provincias de Lugo e Ourense, o que agora é máis necesario ca nunca.

A campaña foi ideada pola axencia Atlantis Multimedia para o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Asociación do Patrimonio Románico O Sorriso de Daniel.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...