HomeMedio ambiente e PatrimonioReserva da Biosfera Ribeira Sacra-O Courel-Serra do Oribio? Saberase no 2021

Reserva da Biosfera Ribeira Sacra-O Courel-Serra do Oribio? Saberase no 2021

A Unesco decidirá ao longo da primavera se acepta esta candidatura, que engloba 18 concellos lucenses e cinco ourensáns.

Publicado o

- Advertisement -

A Unesco decidirá ao longo da primavera se acepta a candidatura da Ribeira Sacra-O Courel-Serra do Oribio para converterse en Reserva da Biosfera, o que suporía que o 42 por cento do territorio galego estaría baixo algún tipo de protección ambiental.

Diso deu conta a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén Do Campo, na súa comparecencia na Comisión 4ª do Parlamento galego para responder a unha pregunta formulada pola deputada do PPdeG Marisol Díaz Mouteira sobre a candidatura, que abarca 18 municipios da provincia de Lugo e cinco de Ourense.

A responsable autonómica detallou que o informe definitivo sobre a proposta para incluír esta zona dentro da Reserva da Biosfera da Unesco foi remitido nos últimos días e que agora é quenda de que sexa avaliado polo comité da entidade dependente de Nacións Unidas.

Así, espérase que ao longo da primavera do próximo ano 2021 chegue ás altas estancias da Unesco e que en xuño se convoque unha reunión presencial “se o covid o permite” en Nixeria -en caso de non ser posible sería desde París- para anunciar as candidaturas aceptadas.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...