HomeMedio ambiente e PatrimonioA fermosura da Ribeira Sacra atrae a un 70% de novos visitantes...

A fermosura da Ribeira Sacra atrae a un 70% de novos visitantes en 2020

O 66% son turistas españois, o 33% galegos e só o 1% é estranxeiro.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación Provincial de Lugo confirmou que a Ribeira Sacra se está consolidando cada vez con máis forza como un destino turístico demandado polos “novos viaxeiros”, como o demostra o feito de que “máis do 70%” das persoas que gozaron o ano pasado das rutas en catamarán afirmou que visitaba por primeira vez a comarca.

Son datos que manexa o goberno provincial grazas ás enquisas de valoración realizadas ás persoas que participan nalgunha das rutas fluviais en catamarán que ofrece a Deputación de Lugo pola Ribeira Sacra, polos canóns dos ríos Miño e Sil.

Segundo informa o propio goberno provincial, as campañas de promoción que potencian a marca Ribeira Sacra, así como o impulso da candidatura a Patrimonio da Humanidade e a Reserva da Biosfera “estarían na orixe desa elevada porcentaxe de novos visitantes”, unha cifra que tamén demostra a súa “consolidación como destino turístico”.

En canto á procedencia deses novos viaxeiros, máis de 66% chegaron desde outras comunidades autónomas, o 33% foron galegos e só o 1% viñeron de países estranxeiros.

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...