HomeMedio ambiente e PatrimonioExtinguido por fin o lume de Folgoso de Courel tras calcinar 300...

Extinguido por fin o lume de Folgoso de Courel tras calcinar 300 hectáreas

Publicado o

- Advertisement -

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Meiraos, no municipio lucense de Folgoso do Courel, foi extinguido na tarde este venres tras calcinar 299,85 hectáreas. Un feito no que tivo moito que ver a chuvia caída na zona nas últimas horas.

Diso informou a Consellería do Medio Rural, que explica que do total de superficie afectada, 105 hectáreas son de arboredo e 195,85 de monte raso.

Segundo informado a Europa Press fontes do departamento autonómico, tras o seu control ás 20,05 horas do mércores, na xornada deste venres traballaron na zona medios terrestres para o terreo e evitar que se reproducisen as chamas.

En concreto, este lume empezou ás 23,43 horas do pasado martes e a proximidade das chamas ás casas chegou a facer necesario activar a situación dúas como medida de prevención.

A Consellería de Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...