HomeMedio ambiente e PatrimonioFinalizada a estación de control no río Saa ao su paso polo...

Finalizada a estación de control no río Saa ao su paso polo concello da Pobra do Brollón

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil finalizou as obras de ampliación da REDE SAIH (Sistema Automático de Información Hidrolóxica) no río Saa, ao seu paso pola Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos consistiron na implantación dos equipos necesarios para a medición e transmisión en tempo real dos datos de nivel da auga no leito, temperatura e pluviosidade. As variables recíbense xa, de maneira automática e cada cinco minutos, no CECU (Centro de Control de conca) do que dispón a CHMS en Ourense; os datos poden ser consultados na páxina web.

Esta estación está situada na área con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSI) da Pobra do Brollón, conforme á planificación de xestión do risco de inundación do segundo ciclo, para facilitar o control e a capacidade de reacción en períodos de choivas abundantes que produzan incrementos considerables de caudal.

Estas actuacións supuxeron un investimento de 30.075 €. As obras enmárcanse na actividade 4 “Programas de control e medidas de retención natural” do Proxecto RISC_ ML, dentro da acción encamiñada a ampliación rede SAIH, SAICA, piezometría e control químico, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER ), través do Programa Interreg V- A España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020 .

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...