HomeMedio ambiente e PatrimonioA Pobra do Brollón, 'epicentro científico de Galicia' esta fin de semana

A Pobra do Brollón, ‘epicentro científico de Galicia’ esta fin de semana

Os días 17 e 18 de agosto este concello acolle o “II Festival Científico de Galicia”. Trátase dunha cita imprescindible que contará cunha chea de actividades nas que estarán, entre outros, neurocientíficos da talla de Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, ou investigadoras como Luisa Martínez. Incluímos a axenda completa do encontro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O II Festival Científico de Galicia, promovido pola Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica conta nesta ocasión co apoio do Concello da Pobra do Brollón, da Asociación Veciñal ‘María Castaña’ de Cereixa, e do Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa. 

Durante o sábado e o domingo haberá na capital do municipio e nas parroquias de Cereixa e Vilachá de Salvadur unha serie de conferencias e actividades de divulgación a cargo dos coñecidos neurocientíficos Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, da investigadora e divulgadora Luisa Martínez Lorenzo e do físico Dosi Veiga, entre outros. As xornadas inscríbense por outro lado nos actos conmemorativos do bicentenario do antigo municipio de Cereixa.

SÁBADO 17 DE XULLO

Mañá

10:30-13:30 h. Praza da Condesa no casco vello da Pobra do Brollón.

Benvida do alcalde Xosé Lois Maceda e interveñen:

-Casto Rivadulla: A que cheiran as cores?

-Luísa Martínez: Puf vaia peido.

-Xurxo Mariño: Reflexión sobre a linguaxe humana.

-Xurxo Ayán: Onde as rúas non teñen nome.

-José Arcas: Viches iso? Un singular percorrido pola vida das aves invisibles.

Tarde

16:00-17:30 h. Os Carballos, Cereixa

Xurxo Ayán: Na procura do templo perdido.

17:30-19:00 h. Lamas, Cereixa

Nieves Vidal: Árbores e camiños.

Claudio Rodríguez FerRecital, A poesía das árbores da vida.

19:30 h. Castro de San Lourenzo, Cereixa

Visita guiada ás escavacións arqueolóxicas.

-Los Costaleros del Día Anterior: Foliada Científica.

-Elemental: un espectáculo de Manuel Vicente (divulgador), César Goldi (actor) e Juanjo Fernández (pianista) [Elemental é un espectáculo que forma parte dos contidos do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia.]

-Dosi Veiga: O Ceo dos Lemavos.

Anfiteatro na Área recreativa de Samugueiros / XdL

DOMINGO 18 DE XULLO

11:00-13.30 h. Área recreativa de Samugueiros

Ciencia peregrina: arqueoloxía medieval no Camiño de Inverno.

Vermú científico con:

-Luísa Martínez: Xogo Síguelle a pista ao CSIC.

-Casto Rivadulla: O gusto está sobrevalorado. Adestra o olfato.

-Manuel Vicente e Leonor Parcero: Escoita-Cata de Radio Científica.

-Ángel Vidal: ExpHerimentando: limóns, arte e gastronomía molecular.

-Luísa Martínez: Achegamento á fauna mariña papando mexillóns ao vapor.

Tarde

16:30-19:30 h. Vilachá de Salvadur.

-Miradoiro de A Capela: Xurxo Ayán, A Ribeira Sacra: mito, ciencia e comunidade.

-Adegas de Vilachá: petiscos, música e viño.

ÚLTIMAS

Sarria celebra ata o 23 de novembro a 13 Ruta 4×4

A competición, organizada pola asociación Os Carro x Catro e o Concello de Sarria,...

Pase de outono de ‘Vendaval’, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra

Vendaval, o festival de cinema portugués da Ribeira Sacra, comezou este xoves, 20 de...

Sete atletas da Gándara de Monforte competirán no Campionato de España de Cross en Atapuerca

Este domingo, 23 de novembro, o Centro Arqueolóxico Experimental de Atapuerca acollerá o Campionato...

Xa están en Monforte os cinco primeiros menores migrantes que tutelará a Xunta

A chegada dos menores farase de modo progresivo, de maneira que nesta semana chegaron...