HomeMedio ambiente e PatrimonioEn marcha o IV campo de voluntariado do Castro de San Lourenzo

En marcha o IV campo de voluntariado do Castro de San Lourenzo

O equipo de arqueólogos que está a escavar o Castro de San Lourenzo en Cereixa xa conta con reforzos de 11 voluntarios, procedentes de diferentes puntos de Galicia, Andalucía e País Vasco. É o cuarto campo de voluntariado que ten lugar no castro, financiado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O campo prodúcese no marco do Proxecto San Lourenzo de arqueoloxía en comunidade. O grupo de voluntarios apoiarán a sétima campaña de escavacións que se desenvolve no castro, e que están en marcha dende a semana pasada dirixidos por Xurxo Ayán.

Este ano o obxectivo é ampliar a zona de escavación que se estende entre a ábsida da ermida e a muralla do castro, para procurar o límite da necrópole altomedieval e ver como conectan os restos medievais coa muralla antiga do castro. Ademais das tarefas no Castro de San Lourenzo, os voluntarios dedicarán o seu tempo libre a coñecer outros elementos patrimoniais de Cereixa e do municipio da Pobra do Brollón. As escavacións no castro están abertas ao público.

O programa de visitas guiadas ‘Déixate Guiar’ que ofrece o Concello da Pobra do Brollón permite coñecer o Castro de San Lourenzo e ver as escavacións en primeira persoa. As visitas ofrécense de mércores a domingo ás 11:00, aínda que para ver os traballos arqueolóxicos en directo hai que asistir un día entre semana. As visitas guiadas son gratuítas, previa reserva no teléfono 674 939 673 (preferiblemente por WhatsApp).

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...