HomeMedio ambiente e PatrimonioActividade de conservación de ‘lugares de interese xeolóxico’ en Quiroga

Actividade de conservación de ‘lugares de interese xeolóxico’ en Quiroga

A acción parte do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e desenvolverase o vindeiro sábado 11 de setembro no lugar coñecido como ‘Barranco do regueiro seco’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na actividade de ‘xeoconservación’ participarán 16 voluntarios que retirarán lixo que se atopa no ‘Barranco do Regueiro Seco’, no Concello de Quiroga, contribuíndo á limpeza e eliminación do impacto medioambiental que ocasiona o lixo que se atopa no leito e contorna do devandito barranco.

Os participantes terán o punto de encontro no inicio de entrada ao Barranco ás 9:30 h. onde se levarán a cabo as oportunas explicacións sobre este interesante lugar, da distribución do persoal e o procedemento de retirada do lixo que se realizará exclusivamente por medios manuais.

A actividade está previsto que remate ás 18:00 h, momento no que se procederá á retirada do lixo acumulado para ser xestionado de acordo a lexislación vixente.

RECOMPENSAS E VINDEIRAS ACTUACIÓNS

O Xeoparque ofrecerá aos participantes unha cata de viños e degustación de produtos locais ao remate da actividade, así como a posibilidade de visitar o Museo de Xeoloxía en Quiroga.

As seguintes actividades de Xeoconservación de Lugares de Interese Xeolóxico (LIGs) no Xeoparque terán lugar o sábado 25 de setembro e o sábado 16 de outubro coa retirada de lixo nas Covas de Chao da Espìña e de Romeor no Concello de Folgoso do Courel.

ÚLTIMAS

Hospitalizada unha menor tras caer na piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...