HomeCulturaO proxecto arqueolóxico de Proencia protagoniza unha charla no Ateneo Casino

O proxecto arqueolóxico de Proencia protagoniza unha charla no Ateneo Casino

O evento comezará ás 20:15. Para asistir, é preciso reservar praza no teléfono 648 435 033, preferiblemente por WhatsApp.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres, 19 de novembro, a partir das 20.15 terá lugar no Ateneo Casino unha charla a cargo de Fran Alonso, o director do proxecto arqueolóxico de Proencia, na parroquia de Proendos en Sober.

Fran Alonso falará das dúas campañas de escavación que se levan feito no xacemento romano, con resultados tan impresionantes como un gran hórreo de ata 15 metros de longo, en excelente estado de conservación.  

A charla acompañarase dun viño D.O. Ribeira Sacra da Adega Proencia. Participará no acto o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián.

ÚLTIMAS

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...