HomeMedio ambiente e PatrimonioPiden moderar o consumo de auga ante a ameaza de seca na...

Piden moderar o consumo de auga ante a ameaza de seca na cunca Miño-Sil

A Xunta vén de demandar ao goberno que poña en marcha o plan de seca para a zona.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reclamou este domingo á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que active xa o seu plan de seca e que faga un “seguimento exhaustivo” aos caudais dos ríos da conca e aos seus encoros.

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, recollida por Europa Press, Vázquez mostrou a súa preocupación porque esta demarcación hidrográfica atópase nunha situación “similar” á de Galicia Costa, sobre a que ten competencias a Xunta e na que o pasado luns Augas de Galicia activou a prealerta por seca.

Tal e como lembrou a conselleira, a esta situación chegouse debido a que o primeiro mes do ano deixou en toda a Comunidade un nivel de precipitacións un 64 por cento inferior á serie histórica, mentres que os caudais dos ríos están un 43 por cento por baixo da media dos xaneiros da última década.

Esta activación afecta a 12 dos 19 sistemas de abastecemento da demarcación Galicia Costa, situados entre Baiona e a ría de Betanzos. Quedaron fóra da prealerta o sete restantes, situados entre a comarca coruñesa de Eume e Ribadeo, porque están “en normalidade”, segundo confirmou Ethel Vázquez.

RECOMENDA “CONSUMO RESPONSABLE”

Así, Vázquez dirixiuse a todos os concellos de Lugo e Ourense para que “apliquen os seus plans de emerxencia”, fagan unha xestión da auga “o máis eficiente posible” e recomenden un “consumo responsable”. Con respecto á conca Galicia Costa, a conselleira descartou que a curto prazo se produza desabastecemento porque os seus encoros están “en niveis normais”. Puxo o exemplo das presas de Eiras e Zamáns, en Vigo, que está ao 80 por cento da súa capacidade.

Os problemas, segundo detallou posteriormente, poderían chegar para a primavera se as precipitacións seguen sendo “escasa”, tal e como se prevén para este febreiro a pesar da xornada de choivas xeneralizadas que hai este domingo na Comunidade. “Temos que reforzar entre todas as administracións o consumo responsables e evitar fugas”, dixo Vázquez, para dirixirse aos concellos e instarlles a activar os seus respectivos plans de secas –actualmente, só 104 o elaboraron–.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...