HomeMedio ambiente e PatrimonioSEA retira residuos depositados ilegalmente no polígono industrial dos Acivros de Chantada

SEA retira residuos depositados ilegalmente no polígono industrial dos Acivros de Chantada

“Suelo Empresarial do Atlántico”, Sociedade Mercantil Estatal dependente do Ministerio de Transportes, acometeu a limpeza e retirada de restos e de entullo nunha parcela de 8.022 metros cadrados. O custo desta acción ascendeu a 6.500 euros máis IVE.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo fontes da SEA, os residuos “foron indebidamente depositados na parcela que queda dispoñible no polígono industrial de Chantada”.

A xerente de “SEA”, Beatriz Sestayo, explicou que se procedeu á contratación dunha empresa para a retirada dos materiais depositados na parcela C3-C4 (8.022 metros cadrados), no marco das accións que a empresa acomete co obxectivo de manter en estado óptimo o solo empresarial e industrial.

O custo destes traballos ascendeu a 6.500 euros máis IVE, custo superior ao habitual neste tipo de limpezas dada a cantidade de residuos e entullos que había, restos que ademais tiveron que ser trasladados e tratados conforme á normativa legal vixente en materia de medio ambiente.

Suelo Empresarial do Atlántico informa tamén que “xa solicitara información ao Concello de Chantada en varias ocasións sobre a posible identidade do ou dos causantes deste depósito indebido de residuos, pero non se recibiu resposta sobre a posible autoría”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...