HomeMedio ambiente e Patrimonio200.000€ para melloras en bens patrimoniais de Monforte

200.000€ para melloras en bens patrimoniais de Monforte

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade licita dúas obras en bens patrimoniais de Monforte de Lemos cun importe superior aos 200.000€. Unha das actuacións, cun orzamento de 115.700€, estará destinada a substituír o material da cuberta da igrexa de San Vicente do Pino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este xoves o templo e explicou que se repararán os danos detectados, derivados fundamentalmente da súa localización exposta a situacións climatolóxicas adversas, especialmente fortes ventos que provocaron a perda de tellas, a rotura dalgunhas placas de fibrocemento e mesmo o levantado de elementos de impermeabilización.

Para acometer os traballos será necesario desmontar todo o material da cuberta, formado por tellas cerámicas. Substituiranse as placas deterioradas para volver a executar a nova cubrición co mesmo material e con elementos de ancoraxe e suxeición capaces de soportar maiores presións de vento.

A igrexa do mosteiro de San Vicente do Pino ten a consideración de ben catalogado, ademais de estar incluído en dous espazos declarados Ben de Interese Cultural (BIC), o do conxunto histórico de Monforte de Lemos e o da paisaxe cultural da Ribeira Sacra.

Así mesmo, o delegado sinalou que a Consellería tamén reiniciou o proceso administrativo para a restauración de varios retablos da igrexa do colexio do Cardeal, que quedaron desertos no primeiro procedemento de contratación. Así, destínanse 84.500 euros á restauración do retablo da Adoración dos Reis, púlpito e tornavoz, o retablo do Santo Cristo, e os de San Xosé, a Virxe das Dores, Virxe de Fátima e Santo Antón. No mesmo templo veñen de restaurase os retablos de Nosa Señora das Escolas Pías e de San Xosé de Calasanz, cun orzamento de 16.800 euros.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...