HomeMedio ambiente e PatrimonioControlados dous dos incendios de Quiroga, mantense a situación 2 da Pobra...

Controlados dous dos incendios de Quiroga, mantense a situación 2 da Pobra e Folgoso e o resto seguen activos

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 8,30 h. deste domingo. Mantense a situación 2 dos incendios de Saa, Seceda e Vilamor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segue decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal da Pobra do Brollón, parroquia de Saa. O incendio permanece activo desde as 20,37 h. do xoves e afecta unha superficie provisional de 600 hectáreas. Ata o de agora téñense mobilizado para o seu control 3 técnicos, 19 axentes, 29 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.  

Segue activo desde as 21,14 h. do xoves outro incendio na parroquia de Saa, que segundo as últimas estimacións rolda as 50 hectáreas provisionais. No seu control levan traballado 1 axente, 1 brigada, 1 motobomba e 1 helicóptero.  

No Folgoso do Courel mantense como medida preventiva a Situación 2 na parroquia de Seceda. Este lume iniciouse á 1,40 h. do venres e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 1.100 hectáreas provisionais. No lugar levan traballado un total de 16 axentes, 24 brigadas, 10 motobombas, 6 avións e 4 helicópteros. Neste lume está participando a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

Continúa decretada como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora tamén en Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor. Este lume iniciouse ás 20,42 h. do xoves e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 300 hectáreas provisionais. Ata o de agora desprazáronse á zona 6 técnicos, 18 axentes, 29 brigadas, 18 motobombas, 1 pa, 5 avións e 3 helicópteros.  

Permanece tamén activo o outro lume de Folgoso do Courel, parroquia de Vilamor, que comezaba o xoves ás 20,25 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 500 hectáreas provisionais. No seu control traballaron ata o momento 1 técnico, 18 axentes, 24 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 6 helicópteros.

En Quiroga continúa activo o incendio da parroquia de Quiroga, que se iniciou ás 12,42 h. do venres e afecta unhas 90 hectáreas provisionais. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 1 técnico, 8 axentes, 20 brigadas, 13 motobombas, 2 avións e 3 helicópteros.

Mentres que os outros dous incendios déronse por controlados, ás 22,25 h. de onte o da parroquia de Outeiro, que segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 250 hectáreas provisionais. Para o seu control lévanse mobilizado 2 técnicos, 16 axentes, 16 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 4 avións e 4 helicópteros. E ás 23,53 h. de onte controlábase tamén o da parroquia de Nocedo, que -segundo as últimas medicións sobre o terreo- rolda as 15 hectáreas provisionais. Ata o momento levan traballado nel 1 técnico, 8 axentes, 9 brigadas, 7 motobombas e 3 helicópteros.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...