HomeMedio ambiente e PatrimonioEncontro Nacional das Festas Tradicionais con Lume en Taboada

Encontro Nacional das Festas Tradicionais con Lume en Taboada

Este terceiro encontro que reúne a representantes deste tipo de citas etnográficas de toda España celebrouse este sábado en Castelo e en Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na cita participaron representantes de Mayorga (Valladolid), Jarandilla de la Vera (Cáceres), Nava del Rey (Valladolid), Casarabonela (Málaga), San Esteban del Valle (Ávila), Zalamea la Real (Huelva), Castro Caldelas (Ourense), Vilelos (O Saviñao) e Castelo (Taboada).

O III Encontro Nacional das Festas Tradicionais con Lume comezaba cunha conferencia inaugural baixo o título A tradición como reclamo turístico. Catalogación das festas tradicionais, a cargo do antropólogo, José Manuel Rodríguez. Ao mediodía lugar a mesa redonda Festas tradicionais con lume. Salvagarda e futuro, que contou coa participación de representantes das diferentes celebracións no territorio nacional.

Taboada II Encontro Nacional das Festas Tradicionais con Lume / Facebook concello de Taboada

Despois do xantar, houbo unha representación do Folión de Carros e Entroido Ribeirao, unha proxección audiovisual das festas participantes, a recreación das festas tradicionais con lume e, á media noite, un concerto do grupo folk Os D’Abaixo. A Casa-Escola de Castelo acolle a exposición Festas tradicionais con lume da Península Ibérica.

A terceira edición desta iniciativa serviu como antesala da tradicional Queima das Fachas que se celebrará o 7 de setembro.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...