HomesociedadeA Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

A Presidenta, Begoña Balado, deu lectura a un manifesto no que reivindicaba o papel do Camiño Francés como a arteria principal de Europa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares, a Ribadiso foi a celebración dun acto no que a Presidenta da Mancomunidade, Begoña Balado, deu lectura a un manifesto no que reivindicaba o papel do Camiño Francés como a arteria principal de Europa.

Pola porta das nosas casas, circularon ideas e valores, a través de xentes de toda condición, que constituíron a verdadeira orixe e cimento da nosa cultura europea. Tense dito que Europa fíxose peregrinando, polo menos esa Europa enfocada na concordia, no progreso e na convivencia” sinalaba a Presidenta da Mancomunidade ao tempo que engadía: “somos os depositarios últimos desa gran tradición na que se fundamentou Europa”.

Os Alcaldes e representantes do Camiño Francés en Galicia presentes no acto tiveron a visita do Director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Coincidiron en seguir traballando polo Camiño Francés pois representa “un espazo único de encontros, de intercambios, de aprendizaxe e saber”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...