HomeMedio ambiente e PatrimonioSolicitan a posta en valor do dolmen da Leira Rapada

Solicitan a posta en valor do dolmen da Leira Rapada

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita ao concello a posta en valor deste domen coa sinalización metálica do dolmen polas estradas de acceso a Vilatán, o mantemento e roza do camiño de acceso, a sinalización en madeira do camiño dende a estrada e nos dous cruzamentos existentes e un panel explicativo dos petróglifos da tapa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación veciñal do Saviñao considera que o turismo cultural é respectuoso co medio ambiente, non é masivo nin agresivo co entorno e coa paisaxe. “Debe ser o modelo a conseguir no territorio Ribeira Sacra, dadas as peculiaridades da nosa fráxil orografía que lle confiren o atractivo que está comezando a facerse notar. Nestes últimos anos estamos vendo como todos os concellos do sur de Lugo están facendo esforzos por dar a coñecer os seus patrimonios culturais, científicos ou paisaxísticos para atraer ese cobizable turismo cultural ao territorio propio”, aseguran desde a asociación.

Poñen de exemplo Quiroga, co percorrido e o museo xeolóxico, Pantón coas xornadas do Románico ou en Sober cos seus miradoiros e petróglifos. Ee lembran que no Saviñao contan cun tesouro por descubrir, que é o Neolítico. “Temos 56 mámoas catalogadas, que deberían ser estudiadas para poder escavar algunhas e crear un itinerario neolítico, pero ese é un tema para reflexionar con tranquilidade. Dese conxunto megalítico temos ao descuberto dous dolmens: o de Abuíme, obxecto de numerosas visitas, e o da Leira Rapada, que posúe o interese engadido dos grabados petroglíficos na súa tapa.”

A solicitude veciñal pretende que se dea a coñecer e se destaque o valor deste monumento megalítico para reforzar a oferta de turismo cultural do municipio. E agardan que o concello asuma estas intervencións para poñer de relevo a importancia deste exclusivo patrimonio arqueolóxico.

Dolmen da Leira Rapada / AV O Saviñao

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...