HomeMedio ambiente e PatrimonioQuiroga prepara a Ruta das Fervenzas

Quiroga prepara a Ruta das Fervenzas

A actuación que se pretende levar a cabo é a integración de cinco cascadas na ruta de Quiroga a Vieiros (un percorrido de aproximadamente uns 25 kms), na que se poderán visitar cinco fervenzas: as fervenzas do Pombar e a Pedriña na Cruz de Outeiro, as fervenzas do Fócaro e das Gurbias na Seara e a fervenza de Vieiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga pon en marcha a denominada ruta da Fervenzas, coa axuda para inversións non produtivas vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos na Rede Natura 2000, para os anos 2022 e 2023, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. O investimento total é de  23.859,52 €. repartidos en dúas anualidades.

As actuacións previstas en cada unha das fervenzas son:

  • Fervenza do Pombar: sinalización dende a estrada, limpeza dos accesos, acondicionamento mediante escadas de madeira tratada de dous resaltes rochosos do terreo e acondicionamento do sendeiro coa recolocación de bloques de rocha soltos no treito anterior á fervenza.
  • Fervenza da Pedriña: sinalización dende a estrada (Cruz de Outeiro-Vilarbacú), limpeza do acceso e limpeza do contorno da fervenza.
  • Fervenza do Fócaro: sinalización dende a estrada no lugar da Seara.
  • Fervenza das Gurbias: sinalización na aldea da Seara e colocación de varanda de madeira tratada no miradoiro na aldea da Seara, dende onde se observa a fervenza.
  • Fervenza de Vieiros: sinalización do aparcadoiro, sinalización da ruta que permite a súa visita dende a estrada da Seara-Ferramulín, colocación de panel con recomendacións para a visita no aparcadoiro, reforzo da varanda de madeira tratada na ruta e limpeza de todo o percorrido.

Unha vez acondicionados e sinalizados os percorridos, difundirase a ruta na web do concello e en varias plataformas de internet, para poder coñecer os detalles do acceso a cada un dos puntos, descargar a ruta para gps e mesmo seguir a ruta nun teléfono móbil.

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo para inscribirse nos cursos de verán do Conservatorio de Monforte

Os cursos de verán de danza e música, que se desenvolverán no Conservatorio Municipal...

Estabilizado o incendio en Monforte con cinco focos diferentes

Un incendio forestal con cinco focos no municipio lucense de Monforte de...

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...