HomeMedio ambiente e Patrimonio32.000€ para recuperar a Ponte do Castelo en Quiroga

32.000€ para recuperar a Ponte do Castelo en Quiroga

Contando cunha axuda de máis de 32.000€ (32.145 €) do Plan De Sostibilidade da Ribeira Sacra do Consorcio de Turismo, o Concello de Quiroga vai recuperar a ponte do Castelo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A ponte, situada no Camiño de Inverno (moi preto do Castelo dos Novais) sobre o río Castelo das Eiras, aínda que presenta un estado de conservación aceptable en canto á conformidade estrutural e morfolóxica -deteriorada polo paso do tempo-, perdeu a protección das beiras.

Polos vestixios aínda existentes sábese que esta ponte de orixe medieval, tiña un peto de protección nas beiras (de 75 cm. de alto e 50 cm. de espesor) para evitar caer ao baleiro, realizado en cachotería a base de  lousa. Este muro de protección é o que se recuperará  respectando os vestixios existentes.

O pavimento tamén presenta deterioración polo que se reconstruirán 45 m2 de pavimento da ponte a base de canto rodado con morteiro en seco, respectando o existente. Rematarase a recuperación coa limpeza da pedra e a recuperación da contorna retirando vexetación invasiva do contorna da ponte e da propia obra.

A Ponte que forma parte do camiño de entrada a Galicia seguindo o curso do río Sil dende tempos inmemoriais, hoxe Camiño de Inverno a Compostela, foi realizada con fábrica de xisto. Consta dun van e arco central dun punto, cunha altura de 8 m.  ancho de 3.75 m. e unha lonxitude de máis de 15 m.

Realizando actuacións de embelecemento como a recuperación desta ponte, catalogada como elemento protexido, téntase revalorizar os recursos turísticos existentes no municipio como instrumento de crecemento económico.

ÚLTIMAS

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...

‘Muller e saúde mental’, xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

O vindeiro venres, o proxecto Comunidade Viva: Redes de Apoio, convida a participar nunha...