HomeMedio ambiente e PatrimonioMonforte gaña o premio Ecoembes por reciclar

Monforte gaña o premio Ecoembes por reciclar

O concello de Monforte gañou o reto da campaña Recicla, Respira e Supérate, posta en marcha por Ecoembes que tiña como obxectivo aumentar o uso dos contedores de lixo amarelos, destinado a plásticos, latas ou briks.

Publicado o

- Advertisement -

Nos meses de maio, xuño e xullo deste ano, os monfortinos depositaron nos contedores amarelos 47.210 quilos de residuos. A cifra supón un incremento de máis do 10% respecto dos mesmos meses de 2017.

O alcalde, José Tomé, agradece a colaboración dos monfortinos para converter a cidade do Cabe nun lugar punteiro na reciclaxe en Galicia. Lémbrase dende o concello que ao reciclar se reduce a cantidade de lixo xerada e baixa o importe da factura que o Concello paga á Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA). Os 2.000 euros que obtén Monforte por gañar o reto de Ecoembes doaranse a Cáritas.

Participaron da iniciativa de Ecoembes, Recicla, Respira, Supérate, outras cidades como: Ourense, Vilagarcía, Boiro, Lugo, Redondela, Viveiro, Santiago, Ribeira, Vilalba, Ferrol, Marín, Pontevedra, Narón e O Barco.

ÚLTIMAS

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...

“O proceso” abre este 30 de xaneiro a programación teatral do Multiusos de Monforte

A cita no Edificio Multiusos, ás 20.15 horas, cunha entrada de 5€ para o...

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...