En decembro de 2017 o derrubamento dunha casa na Rúa Leopoldo Calvo Sotelo encendeu todas as alarmas. O patrimonio de edificios históricos de Monforte está totalmente descoidado e isto provoca que moitos deles se derruben sen previo aviso co conseguinte perigo á poboación.
Este solo é un caso dos moitos acontecidos en Monforte nos últimos tempos. Dende a APATRIGAL están a recoller firmas para que os edificios históricos da cidade non sexan derrubados sen máis, posto que forman parte do patrimonio e cultura do que un día foi a cidade.
Esta asociación manifesta que no que vai de ano asístese a destrucción de 7 edificios residenciais que segundo eles en patrimonio e urbanismo se entenden como Protección Ambiental, é decir, forman parte da estructura visual da cidade. Engaden que “o Patrimonio é o conxunto, incluíndo as casas particulares e os edificios, que compoñen a memoria e a historia de un pobo”. Por iso, manifestáronlle ao alcalde de Monforte que, “como alcalde ten a responsabilidade de custodiar o patrimonio da cidade e para iso ten ferramentas legais e políticas para aplicar.Entre moitas das ferramentas que dispón, unha delas é a de obrigar aos donos das casas de pasar a Inspección Técnica de Edificios de máis de 50 anos, entre outras moitas máis. Por outra banda, tamén existen ferramentas políticas para non ten que derrubar os edificios do Patrimonio Histórico de Monforte como é favorecer e promover a conservación, restauración e ornado dos edificios privados“.
Por todo isto, dende APATRIGAL fan un chamamento para que o Alcalde, José Tomé Roca, proceda ao cumprimento da normativa vixente e esixa a demolición dos esqueletos a ladrillo que a burbulla inmobiliaria deixou en Monforte. Engaden que o alcalde non se debe deixar enganar polos particulares que só actúan en beneficio propio, senón que debe de defender os intereses de todo un pobo, e por ética e expansión, de todos os galegos.

RECOLLIDA DE SINATURAS
A través da plataforma Change.org nas redes sociais, APATRIGAL leva recollidas máis de 700 firmas ademais de 2.000 en formato papel, que presentarán no Parlamento de Galicia no caso de que o Alcalde non acceda as súas peticións.
edificios históricos derrubados ata o momento
- Edificio da Rúa Leopoldo Calvo Sotelo
- Galería singular na Rúa Roberto Baamonde
- Casa na Porta de Alcazaba
- Casa na Rúa do Comercio que están derrubando os propietarios
- Casas no Barrio da Estación