HomeMedio ambiente e PatrimonioComeza "Cada cousa...no seu sitio", campaña para fomentar a reciclaxe en Monforte

Comeza “Cada cousa…no seu sitio”, campaña para fomentar a reciclaxe en Monforte

O concello de Monforte inicia este luns, 21 de novembro, a campaña de información sobre a reciclaxe de residuos domésticos, dirixida á veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña prolongarase ata o vindeiro 18 de decembro co obxectivo de informar ós veciños e veciñas sobre as claves para levar a cabo unha axeitada reciclaxe dos residuos que se xeran no fogar.

A través da campaña, Cada cousa…no seu sitio, o Concello repartirá folletos informativos, no que se explicarán as diferentes fraccións a reciclar, así como os teléfonos de contacto e horarios de apertura do punto limpo de Monforte.

A campaña informativa busca tratar de mellorar os ratios de reciclaxe de todas as fraccións recollidas de forma selectiva, ben sexan envases, papel/cartón e vidro, xunto con outros residuos que se recollen de forma separada, como son os mobles e enseres, aceite e roupa usada. Tamén se trata de fomentar o uso do punto limpo, eliminando os vertidos incontrolados que se producen de forma periódica en diferentes puntos do Concello.

Para o reparto da información, ubicarase un stand informativo nos puntos de maior tránsito peonil da cidade:

En novembro:

  • Luns 21: Campo de San Antonio, de 10 a 12 h; Praza da Estación, de 12 a 14 h.
  • Martes 22: Rúa Cardenal, de 10 a 13 h.
  • Mércores 23: Praza de Abastos, de 10 a 13 h.

E en decembro:

  • Luns 19: Campo de San Antonio, de 10 a 12 h; Praza da Estación, de 12 a 14 h.
  • Martes 20: Rúa Cardenal, de 10 a 13 h.
  • Mércores 21: Praza de Abastos, de 10 a 13 h.

Esta acción informativa incide especialmente no tipo de residuos que se deben depositar en cada un dos colectores específicos que para elo pon o Concello a disposición dos cidadáns:

  • Colector azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… E nel non se pode depositar nada que non sexa de papel ou cartón, por exemplo, bolsas de plástico, briks, envases, etc.
  • Colector amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. Neste colector non se poden depositar residuos tales como CD’s, roupa, bombillas, residuos orgánicos ou produtos contaminantes.
  • Colector verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Non admite todo aquelo que non sexa vidro: tapóns e tapas dos tarros, cristais de espellos, ventás…

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...