HomeMedio ambiente e Patrimonio“As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”, este 17 de decembro...

“As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”, este 17 de decembro na Estación Científica do Courel

Medio Rural da Deputación de Lugo colabora coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes na organización destas xornadas que se celebrarán de 9.30 A 19.00 na Estación Científica do Courel da USC en Seoane do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, participará na apertura da xornada, na que intervirán especialistas en enxeñería agrícola e forestal, investigadores e gandeiros e gandeiras das comarcas da montaña lucense, e na que se abordará, desde distintas perspectivas, o papel das actividades agrogandeiras como freo aos incendios en zonas de montaña.

Freire ratificou o apoio da área de Medio Rural “aos encontros formativos e divulgativos que a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes ven organizando ao longo do ano, neste caso, entrado nun aspecto no que vimos traballando desde o inicio do mandato desde a área de Medio Rural co programa O que non arde, dirixido a fomentar o pastoreo en terreos agrícolas e forestais como ferramenta preventiva contra os lumes”, concluiu.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...