HomeMedio ambiente e PatrimonioOs efectos dos incendios do verán no Courel serán medidos a través...

Os efectos dos incendios do verán no Courel serán medidos a través dun estudo

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel, Roberto Castro González, asinaron un convenio de colaboración para impulsar este territorio cunha achega de 25.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel, Roberto Castro González, asinaron un convenio de colaboración para impulsar este territorio cunha achega de 25.000 euros que, entre outras actuacións, permitirá a elaboración dun estudo sobre os efectos dos incendios forestais do pasado verán, para coñecer como afectaron aos minerais e á estrutura nesta zona protexida da montaña lucense.

Concretamente, a colaboración da Deputación permitirá á entidade recoller tomas de mostras sobre o terreo, a súa análise en laboratorio e, posteriormente, a publicación dos resultados do estudo en base a datos analíticos para avaliar os efectos producidos no patrimonio xeolóxico a consecuencia da vaga de lumes que afectaron a área de Rairos e a Montaña de Lor.

Outra das actuacións que levarán a cabo con esta iniciativa é a elaboración dun cálculo das reservas de carbono presentes no chan da Devesa da Rogueira, así como obter información de interese xeolóxico sobre Paradela, Val das Mouras e a Lagoa de Lucenza.

José Tomé valorou a importancia deste territorio para “achegar á provincia de Lugo turistas que buscan natureza e destinos tranquilos e non masificados, ademais de persoas interesadas na xeoloxía que cada ano atrae a máis visitantes”. Con iso, explicou, a Deputación “mellorará a promoción turística e a visibilidade deste primeiro Xeoparque Mundial do Noroeste de España distinguido pola UNESCO“.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...