HomeMedio ambiente e PatrimonioO vivieiro forestal dos Trollos aspira a ser referente da xestión de...

O vivieiro forestal dos Trollos aspira a ser referente da xestión de frondosas na provincia

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, visitou o viveiro forestal dos Trollos en Bóveda, acompañado do alcade do concello, José Manuel Arias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A visita tiña como obxecto inspeccionar os traballos de mellora que se están a desenvolver nas instalacións, iniciados pola Xunta de cara a conservar os recursos xenéticos e dispoñer de planta en cantidade, calidade e sanidade. Estas actividades están enmarcadas nas medidas establecidas no Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”. A Xunta inviste no período 2019-2023 arredor de medio millón de euros nestas tarefas e prevé destinar uns 200.000 euros anuais ata 2027 neste mesmo eido da mellora forestal, chegando a un total de 1 millón de euros ao final do período.

Os traballos que comezaron no ano 2022 e que continuarán neste 2023, no marco do Plan de recuperación de viveiros -incluído no Plan Forestal de Galicia (PFG)- teñen como fin converter o viveiro dos Trollos nun centro referente para a xestión de masas frondosas no sur da provincia de Lugo. A parcela conta cunha superficie de 30 hectáreas, o que favorece a orientación á conservación dos recursos xenéticos.

Actualmente, existe no viveiro un horto de semente de Pinus pinaster coa categoría de Cualificado, un rodal selecto de carballo americano (Quercus rubra), un rodal de Pseudotsuga menziesii coa categoría de identificado, diversas coleccións de frondosas e representación de multitude de especies. A maiores, Os Trollos conta con edificacións e instalacións nas que se levan a cabo actividades englobadas na educación ambiental.

Seguindo esta liña, destinarase a superficie dispoñible no viveiro a avanzar na conservación e mantemento de especies frondosas autóctonas. Así, aumentaranse as especies representadas incluíndo exemplos de especies ripícolas, especies frondosas de zonas atlánticas e frondosas de zonas mediterráneas.

Deste xeito, e como indica o Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal -incluído no Plan Forestal de Galicia- os viveiros continuarán sendo lugares axeitados para mostrar o traballo realizado dende a Administración neste eido, mostrando o proceso de produción de planta e as accións relacionadas coa conservación do material forestal reprodutivo.

Eixo I do Plan Forestal

O Eixo I do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” refírese á contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais. Mediante unha rede de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base que permitirá asegurar a calidade do material forestal xenético subministrado, fixando como indicador a creación dun total de 20 parcelas no período 2021-2025.

Entre finais do ano 2021 e principios do 2022 quedaron instaladas nos viveiros xestionados pola Comunidade novas parcelas que se encadran no Plan de conservación e mellora xenética forestal. Estes hortos de semente e coleccións afondan na coordinación entre os viveiros forestais xestionados e o Centro de Sementes da Comunidade Autónoma.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...

Aberto o prazo para solicitar axudas á formación adaptada ás necesidades das empresas

A Xunta lembra que ten aberta ata o 1 de decembro deste ano a...