HomeMedio ambiente e PatrimonioCongreso internacional na Ribeira Sacra para ‘relanzar’ a candidatura a Patrimonio da...

Congreso internacional na Ribeira Sacra para ‘relanzar’ a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Trátase dun evento que organizará a Xunta de Galicia este verán, aberto ao público e que contará coa participación de expertos nacionais e internacionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia organizará este verán un congreso internacional na Ribeira Sacra co obxectivo de “relanzar” a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade.

Así llo avanzou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, ao embaixador de España na Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes, nunha reunión en París, segundo informou o Goberno galego nun comunicado.

Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez, visitaron a sede da delegación española na Unesco, onde foi recibido por Rodríguez Uribes para manter un encontro no que abordar os últimos avances que está a realizar Galicia nas tres candidaturas a Patrimonio Mundial en marcha: a propia Ribeira Sacra, Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas e Ferrol. Porto dá Ilustración.

No que respecta á Ribeira Sacra, a Xunta planifica o congreso coa participación de expertos nacionais e internacionais e aberto ao público. “A intención é revitalizar unha candidatura sólida e con moitas posibilidades, exemplo representativo da paisaxe cultural que ten a pegada de varios de momentos da nosa historia e que é, ademais, un modelo destacado de construción do territorio”, explicou o conselleiro.

Ribeira Sacra Fitur 2022 / Consorcio de turismo Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...